Gronchi, Giovanni
Gronchi, Giovanni
Político italiano. Cofundador do Partito Popolare e da Democrazia Cristiana, foi elixido deputado en 1919. Durante a Segunda Guerra Mundial tomou parte na Resistencia e, rematado o conflito, ocupou a carteira de Industria e Comercio (1944-1946), a presidencia da Cámara de deputados (1948-1955) e a da República italiana (1955-1962).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontedera -
Deceso
Lugar : Roma