Groot, Huig van
Groot, Huig van
Humanista holandés. Coñecido como Hugo Grotius ou Grocio, formouse en leis en Orléans e tras regresar ás Provincias Unidas converteuse no procurador xeral da provincia de Holanda (1607). Defensor das ideas do arminianismo, o seu intento de mediar no conflito relixioso levouno a ser condenado a cadea perpetua (1619). Tras fuxir a París, foi nomeado embaixador de Suecia nesta cidade (1634-1644). Centrou os seus estudios no ámbito da filosofía do dereito e foi considerado un dos fundadores do dereito internacional moderno e da teoría racionalista do dereito natural. Das súas obras destacan Mare liberum (1609), De iure belli ac pacis (1625) e De veritatis religionis christianae (1627).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Delft -
Deceso
Lugar : Rostock