Grosseto

Grosseto

Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia (72.663 h [2000]). Situada no corazón da chaira de Maremma, a 12 km da costa do mar Tirreno e a 1 km da beira dereita do río Ombrone. É un mercado agrícola e gandeiro, e ten industria mecánica, alimentaria, petroquímica e de materiais para a construción. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, as igrexas de San Lorenzo (s XII) e San Francesco, a fortaleza Medicea e a muralla hexagonal (s XVI).