Groznyj
Groznyj
Capital de Chechenia, Rusia (364.000 h [1993]). É o maior centro industrial do Precáucaso oriental. Ten tres refinerías importantes e cos seus residuos as industrias químicas producen parafina, alcol, fenol, lubricantes e plásticos. Fundada como fortaleza á beira do río Sunža en 1818, foi ocupada polas tropas rusas en 1995 tralo inicio da Guerra de Chechenia.