Grupo Libertario Despertad!

Grupo Libertario Despertad!

Colectivo fundado en 1921 por militantes anarcosindicalistas do S da provincia de Pontevedra, en que participaron cadros sindicais de Vigo, como J. Villaverde, ex-secretario da Federación Local de UGT, o tudense Severino Estévez, e o carpinteiro de Marín, Eduardo Collado. Dinamizador das actividades da Confederación en Tui, A Guarda, Marín e Vigo, o grupo editou un periódico de igual denominación que foi substituído en maio de 1922 polo voceiro dos sindicatos da provincia adheridos á CNT, Solidaridad Obrera.

Palabras veciñas

Grupo Imaxe | Grupo KWY | Grupo La Capital | Grupo Libertario Despertad! | Grupo Ornitolóxico Galego | Grupo San José | Grus