Guadahortuna

Guadahortuna

Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na vertente S do Sistema Bético e drenado polo río homónimo, afluente do Guadiana (2.265 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santa María la Mayor (s XVI), con fachada renacentista e artesoado mudéxar.