Guadiaro

Guadiaro

Río de Andalucía, na vertente mediterránea (173 km). Nace na Serranía de Ronda, flúe cara ao SO e desemboca no Mediterráneo, onde forma un esteiro. Recibe as augas do Genal e do Hozgarganta, e rega o Campo de Gibraltar.