Guanajuato
Guanajuato
Estado do centro de México, fronteirizo con San Luis Potosí ao N, con Michoacán ao S, con Jalisco ao O e con Querétaro ao L (30.491 km2; 4.663.032 h [2000]). A capital é Guanajuato (41.196 h [2000]). Forma parte da rexión de Mesa de Anahuac. O clima é seco no N e temperado e húmido na chaira. Predomina a gandería (bovino e porcino) e o desenvolvemento agrícola e industrial da rexión estivo favorecido polos encoros de Tepuxtepec e de Solís. As minas de prata e ouro, importantes noutras épocas, están case esgotadas. Hai unha refinería de petróleo na cidade de Salamanca.