guañape*

guañape*
s m

Cultura precolombina de Perú. Os estratos máis profundos, descubertos en Cerro Prieto de Guañape, datan do III milenio a C. Desde o ss XIII ao IX a C estendeuse polo N no val do Virú. Cara ao s X a C apareceron o millo e outros cultivos, a llama domesticada e, posteriormente, a metalurxia, iniciada co traballo do ouro.

Palabras veciñas

guanaco | Guanahaní | Guanajuato | guañape* | Guancha, La | guanche | Guangdong