Guarapuava
Guarapuava
Cidade do estado de Paraná, Brasil (156.500 h [1980]). Situada ao O de Curitiba, na beira do río Jordão, é un centro agrícola e gandeiro. Establecidos os colonos portugueses en 1810 no denominado Fortim da Atalaia, non foi ata 1819 cando se fundou a cidade na actual freguesía da Nossa Senhora de Belém.