Guarda, Nosa Señora da Guía da
Guarda, Nosa Señora da Guía da
Capela situada na Guarda. Protectora dos navegantes da vila, a súa confraría creouse no s XVI. A capela puido ser construída no s XV. Nela destaca o pórtico de entrada de madeira, sostido por catro columnas erixidas sobre podios. O campanario, que presenta volutas e pináculos, é de época posterior. O 8 de setembro celébrase a súa festa cunha procesión que parte da igrexa parroquial ata a capela.