Guarda, San Bieito da
Guarda, San Bieito da
Igrexa situada na Guarda. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas fundado en 1558 pola familia Ozores de Soutomaior. O convento restaurouse en diversas épocas e nel destacou o claustro. Foi escola pública trala supresión da vida monacal en 1868 e converteuse nun establecemento hoteleiro en 1990. A igrexa construíuse no s XVI e conserva, entre outros, o sepulcro de Álvaro Ozores e Soutomaior. A fachada destaca pola sobriedade. A porta é de arco de medio punto apoiada en pilastras planas. O conxunto remata con pináculos nas esquinas e campanario central.