Guárico
Guárico
Estado de Venezuela que limita ao N cos estados de Carabobo, Aragua e Miranda, ao L con Anzoátegui, ao S con Bolívar e Apure, e ao O con Barinas e Cojedes (64.986 km2; 585.418 h [estim 1995]). A capital é San Juan de los Morros (67.645 h [1990]). Os ríos principais son o Guárico, o Mocapra e o Hanapire, que pertencen á conca do Orinoco. O clima é tropical, con chuvias de marzo a outubro. A vexetación é de bosque nas beiras dos ríos e de sabana de gramíneas nas chairas. Son importantes os cultivos de arroz, de tomates e de algodón. Hai gandería (bovina e porcina), e ten xacementos de níquel, carbón e petróleo.