Guarini, Guarino

Guarini, Guarino

Arquitecto italiano. Viviu en Turín, onde, inspirado en Borromini, construíu o palacio Carignano e a igrexa de San Lorenzo, de planta cadrada, onde inscribiu un octógono de lados alternativamente cóncavos e convexos e con cúpula estrelada de nervios entrecruzados. Foi autor da desaparecida igrexa da Divina Providencia en Lisboa. Escribiu Architettura civile (1737), onde expuxo invencións e proxectos non realizados.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Modena

  • Deceso

    Lugar : Milán