Guayaquil

Guayaquil

Capital da provincia de Guayas, en Ecuador (1.973.880 h [1997]). Está situada na confluencia dos ríos Daule e Babahoyo. É a cidade máis poboada do estado e o porto principal. Ten industrias de refinado de petróleo, químicas, téxtiles, de fabricación de cemento, alimentarias e estaleiros. Establecida por Sebastián de Benalcázar (1535), foi fundada como cidade (1538). Centro produtor de cacao durante a época colonial, S. Bolívar anexionouna á República de Colombia (1822) e a partir de 1830 integrouse no Ecuador.