Guderian, Heinz

Guderian, Heinz

Militar. Participou na Primeira Guerra Mundial e rematou o conflito como capitán. Especializouse no emprego dos tanques como arma autónoma da infantería, ascendeu a coronel e dende 1934 dirixiu as unidades blindadas alemanas. Ascendeu a xeneral (1936) e participou na campaña de Polonia á fronte dun corpo do exército. Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu as tropas acoirazadas alemanas en Bélxica, Francia e a URSS. Despois da súa derrota en Moscova (1941), foi destituído, pero asumiu de novo o mando das forzas acoirazadas en 1943. Sucedeu a Keitel á fronte do exército de terra en xullo de 1944.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Culm, Prusia

  • Deceso

    Lugar : Schwangau, Baviera