Guernica

Guernica

Óleo sobre tea (3,5 m x 7,82 m) de Pablo Picasso. Inspirado no bombardeo da poboación vasca de Gernika, realizouno en 1937 e mostrouse no pavillón español da Exposición Internacional de París dese ano. Cunha composición triangular na que empregou o branco, o negro e o gris, Picasso realizou un alegato contra todo conflito bélico, pois as personaxes que representa, entre outras, a pomba, a muller co quinqué, o touro, o cabalo e o sol teñen un carácter simbólico e atemporal. No eido compositivo, o lenzo condensa as súas anteriores etapas pitóricas.

Palabras veciñas

Guericke, Otto von | guerla | Guernesey, Île de | Guernica | Guernsey | guerra | Guerra