Guggenheim Bilbao Museoa
Guggenheim Bilbao Museoa
Institución museística con sede en Bilbao. Situada ao mesmo nivel ca a ría do Nervión, naceu da colaboración entre as institucións vascas e a Salomon R. Guggenheim Foundation. Inaugurado o 3 de outubro de 1997, foi proxectado por Frank Owen Ghery. Está composto por distintos volumes interconectados, uns ortogonais cubertos por pedra calcaria, e outros curvos cubertos con placas de titanio, combinados por muros cortina de vidro. Dispón de 11.000 m2 dedicados á exposición. A colección permanente está integrada polos fondos procedentes do Guggenheim Museum, da Peggy Guggenheim Collection e do propio museo. Realiza exposicións temporais, conferencias, mesas redondas e actividades para centros escolares.