Guggenheim Museum
Guggenheim Museum
Institución museística con sede en Nova York. Naceu para acoller a colección de arte do s XX de Solomon R. Guggenheim. O edificio central foi realizado por Frank Lloyd Wright. En 1992 ampliouse cun edificio anexo e instalouse, nun edificio do Soho restaurado por Arata Isokai, un museo de arte contemporánea. O proceso de descentralización do museo levou a Solomon R. Guggenheim á apertura de centros museísticos en Venecia, que acolle a Peggy Guggenheim Collection, Las Vegas, Berlín e Bilbao.