Guijuelo

Guijuelo

Municipio da provincia de Salamanca, Castela-León, situado no val do Tormes e delimitado ao L polo encoro de Santa Teresa (3.189 h [2001]). Posúe agricultura (cereais e legumes) e gandería (sobre todo porcina), da que deriva a industria charcuteira. É o centro principal de fabricación de xamón ibérico (con denominación de orixe). Tamén destacan as manufacturas e o calzado. Do seu patrimonio cultural salientan a ermida da Virgen de Valparaíso e o torreón, restos da ábsida dunha igrexa.