Guillaume, Gustave
Lingüista. En 1914 foi alumno de Antoine Meillet na École des Hautes Études de París e profesor deste centro (1938-1960). Defendeu a lingua como unha estrutura cognitiva en que o contido é o primario e a morfosintaxe, o secundario. Rexeitou unha concepción descritiva e formal da lingua, e adoptou unha visión psicomecánica ou psicosistemática (estudio da lingua e do pensamento). En 1919 publicou Le problème de l’article et sa solution dans la langue française (Premio Volney), primeiro traballo extenso sobre a función de actualizador do artigo. En 1929 publicou Temps et verbe en que presentou un sistema verbal como sistema cognitivo con sucesivos estadios de desenvolvemento. Tamén escribiu Architectonique du temps dans les langues classiques (1945) e, postumamente, Principes de linguistique théorique de Gustave Guillaume (1973). Foi presidente da Société Linguistique de París (1934).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso