Guillerme II de Prusia
Rei de Prusia e emperador de Alemaña (1888-1918), fillo e sucesor de Federico III. Obrigou a dimitir ao chanceler O. von Bismarck a causa das desavinzas respecto ao tratamento do movemento obreiro (1890) e tentou distanciar o proletariado do partido socialista cunha política paternalista. Practicou unha política expansionista e colonial baseada no desenvolvemento económico e na industria bélica e dominou os territorios de Kian-Chow (1897) e a parte occidental de Samoa (1889), Togo e Camerún. Proclamou, tamén, a soberanía de Alemaña sobre os territorios de África Oriental (1891) e de África do SO (1892) e ordenou o desembarco en Tánxer (1905) para impedir a penetración francesa naquel territorio. As crises internacionais e as Guerras Balcánicas fixeron difíciles as súas relacións coa Triple Alianza (1882) e a Triple Entente (1907). Despois da crise de Sarajevo (1914), seguro da superioridade alemana, declarou a guerra a Rusia e a Francia. Ao acabar o conflito bélico (1918) foi obrigado a abdicar e a exiliarse a Holanda.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Postdam -
Deceso
Lugar : Doorn, Países Baixos