Guión
Guión
[PUBLIC]
Periódico de tendencia progresista editado en Lugo a partir de marzo de 1930 como substituto do semanario Ahora. Cesou a súa edición en maio de 1931. Subtitulouse “Semanario republicano de Política-Cultura-Información”. Dirixiuno Benigno López Otero e contou coa colaboración de destacados intelectuais, que logo participaron na edición de Yunque.