guión

guión

(< guía)

  1. s m

    Estandarte que serve de guía nunha procesión ou comitiva.

  2. s m
    1. Escrito en que se apuntan de xeito esquemático e ordenado unha serie de puntos ou ideas que serven de guía para un discurso ou exposición.

      Ex: Perdeu o guión da súa conferencia e tivo que improvisar.

    2. Texto en que se expón o argumento e os detalles técnicos necesarios para o desenvolvemento dunha película ou dun programa de radio ou televisión.

      Ex: A película levou un Oscar ó mellor guión orixinal.

  3. s m [LING]

    Signo ortográfico <->, en forma de raia horizontal, máis curto ca a raia <->, que se emprega en distintos usos.

    Sinónimos: trazo.
  4. s m [MAR]

    Parte do remo comprendida entre a cana e o puño, ou cando está armado, a que media entre o tolete e o puño, por onde se agarra para vogar.

  5. s m [MÚS]

    Signo que, colocado sobre unha nota, indica que esta debe sosterse en toda a súa duración (tenuto). No baixo cifrado significa a continuación da harmonía precedente.