Guisán Seijas, Esperanza
Filósofa. Doutorada en Filosofía, foi catedrática de Ética da Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora de Télos, Revista Iberoamericana de Estudios Utilitaristas. Desenvolveu investigacións tanto no ámbito da meta-ética como no da ética normativa. Investigou sobre a ética na filosofía clásica, centrándose en autores como T. Hobbes e os empiristas, e nas cuestións que a ética presenta nos tempos actuais. O seu interese primordial céntrase na elaboración dunha síntese das achegas de I. Kant e S. Mill, así como do neokantismo e do utilitarismo. Das súas obras destacan Los presupuestos de la falacia naturalista (1981), Cómo ser un buen empirista en ética (1985), Razón y Pasión en ética. Los dilemas de la ética contemporánea (1986), Esplendor y miseria de la ética kantiana (1988) e Manifiesto Hedonista (1990). Foi presidenta da Sociedad Iberoamericana de Estudios Utilitaristas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña