Guisán Seijas, Rosa María
Guisán Seijas, Rosa María
Pintora e mestra. Estudiou debuxo na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde se graduou en Artes Aplicadas, na especialidade de deseño de interiores (1968). En 1977 especializouse en esmalte ao lume e posteriormente realizou cursos de cerámica e gravado. En 1986 creou o Estudio Arco para a formación artística e divulgación das artes. Preside o colectivo artístico Mistura, do que é socia fundadora, e o Grupo Arco. Realizou os murais do pavimento da rúa da Franxa (1998) e da rúa A. Senra (2000) e o calendario Celta do parque de San Diego (2000). Presentou as súas obras en exposicións individuais na Coruña e Barcelona e participou, entre outras colectivas, no Encontro Internacional de Artistas Plásticos de Porto (1999).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña