Guitián Ojea, Francisco
Estudiou Ciencias Químicas e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Foi investigador, profesor e xefe da Sección de Corrección de Suelos do CSIC, catedrático de Edafoloxía, director do Colexio Universitario de Ourense, decano da Facultade de Farmacia de Santiago e director do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na edafoloxía, onde destaca o seu labor como xefe do equipo que levou a cabo o Mapa de Solos do norte de España. Das súas obras destacan Suelos de la zona húmeda española, Técnicas de análisis de suelos. Experimentos de campo, Técnicas de análisis de suelos e Itinerarios de los suelos de Galicia. É membro da Sociedade Internacional de Ciencias do Solo, presidente da Sección de Química, Física e Ciencias Naturais da Academia Galega de Ciencias e membro do seminario de Estudios Galegos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cristosende, A Teixeira