Guizamonde

Guizamonde
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae por armas un castelo, sumado dunha bandeira cargada dunha cruz, con dous guerreiros a cada lado apoiando unha man nas ameas. Outra variante leva, en campo de azul, unha torre de prata, sumada dunha bandeira da mesma cor e con dous guerreiros a cada lado de sable, apoiando unha man nos seus muros.