Gumm, Frances

Gumm, Frances

Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Judy Garland, era filla de actores de music-hall. Con tres anos debutou como cantante e con cinco anos formou parte do Trío Gumm coas súas irmás Virginia e Mary Jane. Con 14 anos fixo unha proba para a Metro-Goldwyn-Mayer e a partir dese momento comezou a súa traxectoria cinematográfica. Nos primeiros anos fixo parella artística con Mickey Rooney, pero o éxito chegoulle cos musicais da década de 1940. Os problemas co alcohol e as drogas precipitaron o final da súa carreira. Da súa filmografía destacan Every Sunday Afternoon (1936), Broadway Melody of 1938 (1938), The Wizard of Oz (1939, Oscar á mellor actriz xuvenil), Meet Me in Saint Louis (1944), The Pirate (1948), Easter Parade (1948), A Star is Born (1954) e Judgement at Nuremberg (1961).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Grand Rapids, Minnesota

  • Deceso

    Lugar : Londres