Gumperz, John J.

Gumperz, John J.

Sociolingüista alemán. Estudiou na University of Michigan (1954) e trasladouse a India, onde realizou estudios sociolingüísticos sobre as linguas en contacto e sobre o papel da lingua na estratificación social. Profesor de antropoloxía (1967) na University of California (Berkeley), especializouse en sociolingüística, antropoloxía lingüística, antropoloxía urbana e análise do discurso. Formou parte do equipo investigador do Language-Behavior Research Laboratory (Berkeley), centro de estudios sobre antropoloxía cognitiva, psicolingüística e sociolingüística. Destacan as súas obras Language in Social Groups (1971), Discourse Strategies (1982) e Directions in Sociolinguistics (1986), en colaboración con Dell Hymes.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hattingen, Ruhr