Gundián, Nosa Señora de
Gundián, Nosa Señora de
Romaría que se celebra en Santa María Madanela de Ponte Ulla (Vedra). A capela que se conserva é do s XVIII e ten planta rectangular e pórtico de entrada con catro columnas. Relaciónase cos cultos das augas. A carón do muro N da igrexa brota unha fonte onde se levan os nenos para curar doenzas. A romaría celébrase o 8 de setembro.