Gundivós, olería de

Gundivós, olería de

Cerámica característica da parroquia de Gundivós (Sober). Desenvolveuse no primeiro cuarto do s XX en diversos obradoiros espallados por Vilanova, Campoverde, Moutarelle, Liñarán e outros lugares. Empregaron a roda baixa para realizar ámboas, barreñóns, cántaras, olas, xerras e outros obxectos que vendían eles mesmos ou a través dos arrieiros de Chantada.

Palabras veciñas

Gundián, Nosa Señora de | Gundín | Gundivós | Gundivós, olería de | Gundriz | Gundulić, Dživo | Güney, Yilmaz