Guomindang Kuomintang
Mo-vemento e organización política chinesa fundada por Sun Yatsen. As súas orixes estaban na Xing Zhonghui (Asociación para a restauración de China), creada polo mesmo Sun Yatsen en 1895 e que en 1905 se converteu na Zhonggao Tongmenhui (Alianza Chinesa), organización antidinástica, republicana e demócrata. Trala Revolución de 1911 transformouse nun partido nacionalista e burgués, e tomou o nome de Guomindang. Prohibido coa disolución do Parlamento (1913), converteuse, en Xapón, no Zhoughua Guomindang (Partido Revolucionario Chinés), e en 1919 Sun Yatsen volveulle dar o nome de Guomindang (Partido Nacional). A principios da década de 1920 aliouse co Partido Comunista de China, co que emprendeu a loita contra os señores feudais do N, pero trala morte de Sun Yatsen, o novo líder Chiang Kai-shek constituíu un goberno provisional en Nanquín aliado cos sectores conservadores e enfrontado ao PCCh, co que chegou novamente a un acordo trala invasión xaponesa. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial, a guerra civil continuou e o triunfo das forzas comunistas (1949) levou ao Guomindang a refuxiarse na illa de Formosa.