Gurb

Gurb

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (1.955 h [2001]). O sector primario é a base da economía do municipio; a agricultura, predominantemente de secaño, está destinada a cereais, forraxe, patacas e legumes. Na gandería destaca o gando porcino. A proximidade con Vic favoreceu a expansión das industrias. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas románicas de Sant Andreu de Gurb (s X) e de Sant Julià Sassorba (s X).