Gustei, Santiago de
Gustei, Santiago de
Igrexa parroquial situada en Coles. Construída en estilo románico na segunda metade do s XII, ten planta de nave única; da construción primitiva consérvase o primeiro tramo, de ábsida rectangular. No interior consérvase unha imaxe do Apóstolo Santiago sedente realizada en granito policromado a finais do s XII ou principios do s XIII. A fachada principal e a porta S son románicas. A portada principal está formada por un corpo saínte con dous contrafortes e tres arquivoltas que se apoian nunha tripla columna, e o tímpano é liso. Na porta S destaca o tímpano cun escudo de cinco flores de lis.