Gutiérrez Soto, Luís
Gutiérrez Soto, Luís
Arquitecto. Titulado na Escuela de Arquitectura de Madrid (1923), a súa obra reflectiu distintos estilos. Nas súas primeiras obras, como o Cine Callao de Madrid (1926), empregou elementos procedentes da arte decorativa. Asumiu o racionalismo entre 1928 e 1939, como no antigo aeroporto de Barajas (1930), e despois da Guerra Civil asumiu o historicismo nacionalista na sede do ministerio do Aire (1941). Realizou vivendas urbanas, nas que incorporou a terraza-xardín, e edificios de oficinas, entre os que destaca o da Unión y el Fénix, no Paseo de la Castellana (1965). En Vigo proxectou en 1942 o Teatro-Cine Fraga, sede da Fundación Caixa Galicia, inaugurado en 1948, e no que amosou as referencias rexionalistas do Barroco e o neorrenacemento.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso