Guttuso, Renato
Guttuso, Renato
Pintor italiano. Adheriuse ao grupo Corrente. Comprometido coa loita antifascista, foi un dos fundadores da Fronte Nuovo delle Arti. A súa obra, de estilo expresionista, tivo un carácter marcadamente ideolóxico. Das súas obras destaca Crocefissione (1941), motivada polo desenlace da Guerra Civil Española. Posteriormente, evolucionou cara ao neocubismo e ao neorrealismo. Foi senador polo Partito Comunista (1976).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bagheria, Palermo -
Deceso
Lugar : Roma