Gymnocladus

Gymnocladus
[PLANTA]

Xénero de árbores dioicas, da familia das fabáceas, que se caracterizan por presentar follas grandes de ata 100 cm de lonxitude, compostas, caducas e bipinnadas, flores pequenas de cor verdosa-abrancazada dispostas en acios e froito en legume que permanece na árbore todo o inverno sen abrirse. É orixinario do leste de Norteamérica e pódese atopar en Galicia coma ornamental.

Palabras veciñas

Gyllensten, Lars | gymel* | Gymnammodytes | Gymnocladus | Gymnopilus | Győr | Győr-Moson-Sopron