Győr

Győr

Capital do megye de Győr-Moson-Sopron, Hungría (175 km2; 128.000 h [estim 2000]). Constitúe un distrito urbano. Está situada na confluencia dos ríos Rábca e Rába (porto fluvial de Gönyü). É un centro comercial dunha fértil comarca agrícola, cunha importante industria téxtil. Destacado centro comercial desde a Idade Media, estivo ocupada polos turcos entre 1594 e 1599. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral gótica.