Haavelmo, Trygve
Haavelmo, Trygve
Economista noruegués. A súa achega máis importante na econometría foi o chamado multiplicador de Haavelmo, sobre a relación lineal exacta entre as dúas variables dun modelo económico de dúas ecuacións en función dunha terceira variable. Escribiu Study on the Theory of Economic Evolution (1954). Recibiu o Premio Nobel de Economía (1989) pola aplicación da teoría da probabilidade á econometría.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Skedsmo -
Deceso
Lugar : Oslo