Haber, Fritz
Químico alemán. Estudiou nas universidades de Berlín e Heidelberg e foi profesor na escola técnica de Karlsruhe. Traballou no campo da electroquímica e estudiou os electrodos do vidro. Investigou tamén os equilibrios dos gases desde un punto de vista termodinámico e, xunto con Carl Bosch, ideou un proceso de obtención do amoníaco, proceso de Haber-Bosch. Como director do Instituto Kaiser Wilhelm de Química Física durante a Primeira Guerra Mundial, dirixiu o departamento de guerra química do exército alemán e obrigárono a desenvolver o uso do gas de cloro. Exiliouse a EE UU pouco despois do acceso de Hitler ao poder (1933). Recibiu o Premio Nobel de Química (1918) por idear o proceso que permite a síntese do amoníaco a partir dos seus elementos constituíntes.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Breslau -
Deceso
Lugar : Basilea