Haber-Bosch, proceso de
Haber-Bosch, proceso de
Método industrial da obtención de amoníaco a partir da fixación do nitróxeno atmosférico e a súa combinación co hidróxeno a unha presión de 200 atmosferas e a unha temperatura de 500°C en presenza de catalizadores de osmio sólido e de uranio, segundo a ecuación:
FORMULA
500°C
N2 + 3H2 ↔ 2NH3.
A partir do amoníaco pódese sintetizar unha ampla variedade de compostos do nitróxeno, como os fertilizantes, fibras sintéticas como o nailon, case todos os colorantes e a maior parte das medicinas e dos explosivos.