Haeckel, Ernst Heinrich

Haeckel, Ernst Heinrich

Biólogo e filósofo alemán. Estudiou medicina na Universidade de Berlín onde se doutorou en 1957. Foi profesor de anatomía comparada na Universidade de Jena. Considérase o pai da ecoloxía e o máis destacado representante do monismo naturalista. Enunciou a lei bioxenética fundamental, na que a ontoxenia recapitula a filoxenia, é dicir, o desenvolvemento dun organismo vivo (ontoxenia) repite de modo acelerado e resumido a evolución da especie á que pertence (filoxenia). Aplicando esta lei propuxo a hipótese da Gastrea (1874), nela considerou que o antecesor de todos os metazoarios estaban formados por dúas capas (ectoderma e endoderma) de forma similar ao estadio de gástrula do desenvolvemento embrionario. Inventou o termo ecoloxía para facer referencia ao estudo da interacción entre os animais, e propuxo que a selección sexual conducirá á evolución dos dimorfismos sexuais tan vistosos, como o da cola do pavo real ou os cornos do alce. Entre as súas obras destacan Enigmas do Universo (1899) e Historia Natural da creación (1868).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Potsdam

  • Deceso

    Lugar : Jena