Hagia Triada
Hagia Triada
Antiga cidade de Creta que conserva os restos dun palacio destruído ao redor do 1400 a C e un mégaron da época micénica. Encontráronse restos de pinturas murais, sarcófagos e un conxunto de 150 táboas micénicas, en escritura lineal B.