Hahn, Otto

Hahn, Otto

Físico e químico alemán. Estudiou na Universidade de Marburg onde se doutorou en 1901. Traballou na Universidade de Londres (1904) onde colaborou con W. Ramsay en investigacións relacionadas cos fenómenos radioactivos. Descubriu no mineral torianita unha nova substancia radioactiva, á que chamou radiotorio, posteriormente considerado novo isótopo do torio (torio-228). Na Universidade McGill de Montréal colaborou con E. Rutherfor para ampliar coñecementos sobre radioactividade e descubriu outras dúas substancias, o mesotorio-1 (radio-228) e o mesotorio-2 (actinio-228), que son intermedias entre o torio e o radiotorio. En 1918, xunto con L. Meitner, descubriu o protactinio. A finais de 1938, Hahn e F. Strassmann, bombardearon uranio con neutróns e descubriron que como resultado do proceso aparecía bario, un elemento cunha masa moito menor ca a do uranio, a explicación a este fenómeno ía enunciar a teoría da fisión nuclear. Este descubrimento foi a base para que EE UU lograse construír a bomba atómica, polo que recibiu o Premio Nobel de Química (1944).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Frankfurt

  • Deceso

    Lugar : Göttingen