haikai*

haikai*
s m [LIT]

Forma estrófica que consiste na redución da tanka, formada por tres versos, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente; normalmente está integrado nunha composición en prosa. Naceu en Xapón na época medieval pero tamén ten sido cultivada por poetas occidentais. É una forma poética predominantemente nominal, de expresión sinxela e concisa, que carece de título e rima. Transmite a apreciación directa e espontánea dun acontecemento, a miúdo trivial, que chama a atención do poeta, quen o espiritualiza. A fonte de inspiración habitual é a natureza, o clima, a realidade ou a simple aprehensión dos sentidos con alusión ás estacións do ano para que o lector se sitúe no tempo da composición; o ton pode ser tanto grave e profundo coma bulicioso, satírico ou humorístico. Entre os grandes cultivadores deste xénero poético nos séculos XVII, XVIII e XIX, cómpre citar a Matsuo Bashô, Yosa Buson, Yataro Kobayashi Issa e Masaoka Shiki. Tamén se denomina haiku.