Hallwachs, Wilhelm

Hallwachs, Wilhelm

Físico alemán. Foi profesor na Universidade de Dresden. En 1888 investigou o efecto fotoeléctrico descuberto por H. Hertz no ano 1887 e decatouse de que a luz ultravioleta era capaz de descargar placas de metais cargadas negativamente. Anos máis tarde, cando se descubriu o electrón, estableceuse que certas substancias emiten electróns cando son expostas ao campo electromagnético da luz incidente. É autor de Die Lichtelektrizität (1914).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Darmstadt

  • Deceso

    Lugar : Dresden