Halmstad

Halmstad

Capital do län de Halland, Suecia, na costa oriental de Kattegat, na desembocadura do río Nissan (85.200 h [estim 2000]). Ten construción de maquinaria e motores, produción de cervexa, manufacturas téxtiles, artigos de coiro e conservas alimentarias, sobre todo de salmón afumado.