Halobates

Halobates
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de chinches mariñas da familia dos halobátidos. Forma grandes aglomeracións moi lonxe das costas. Atópanse sobre a superficie mariña sen quebrar a película de auga grazas á tensión superficial, para facilitala están provistas dunhas patas rematadas nunha almofadiña de pelos que repelen a auga. Nunca penetran nela nin tan sequera para cazar.

Palabras veciñas

halo | halo- | halobacteria | Halobates | halobátido -da | halobio -bia | halocinese