halo
(< lat halo < gr ἅλως)
-
s
m
[FÍS]
Anel ou conxunto de aneis que nun tubo de raios catódicos envolven o punto luminoso, xeralmente menos luminoso ca estes.
-
s
m
[IMAX]
Auréola que envolve o punto luminoso nunha fotografía.
-
s
m
[ASTRON]
Círculo luminoso irisado que aparece, ás veces, rodeando o Sol e a Lúa. Prodúcese pola refracción da luz nos cristais de xeo dos cirros, e normalmente ten unha dimensión angular de 22°.
Sinónimos: auréola, circo, halo, nimbo. -
s
m
Auréola que rodea unha figura.
Sinónimos: nimbo. -
s
m
Atmosfera ou prestixio que rodea unha persoa ou cousa.
Ex: Ía deixando un halo de bondade alí por onde pasaba. Naquela festa había un halo de glamour.
Sinónimos: auréola. -
halo galáctico
[ASTRON]
Rexión que ten no centro unha Galaxia que supera en volume varias veces o do disco galáctico, e que contén espallados por toda ela un total de 150 cúmulos globulares, ademais dunha distribución moi dispersa de estrelas individuais e dunha certa cantidade de gas interestelar. A existencia do halo galáctico, denominada tamén coroa galáctica, foi descuberta por Shapey.